Entradas

Taller de hip hop co exalumno do IES Ordes MC García 12 de maio

Imagen
O que fora membro fundador do grupo Dios Ke te Crew, impartir un taller sobre a historia do rap e hip hop. Destacou que a música salvara a moitos da súa xeración de caer nas drogas. 
Imagen
MES DAS LETRAS GALEGAS  
Imagen
 Mes das letras galegas  CHARLA CON YOLI LÓPEZ O catro de maio tivemos a sorte de contar no instituto con Yoli López que nos falou do seu último poemario titulado  O ring.  A poeta ourensán conseguiu que o alumnado de 4 de ESO participara activamente na actividade. 

Prensa lingua e noticias falsas. Charla con Beatriz Muñoz

Imagen
     A relatora, Beatriz  Muñoz Tejo (xornalista de Eldiario.es) analizou a función que cumpren os medios de comunicación de masas  desde dúas perspectivas fundamentais: por unha banda, como ferramenta de control dos gobernos  e institucións públicas  para previr a corrupción e  evitar os abusos da autoridade nunha sociedade democrática  e, por outra, e  como medio de difusión da lingua e da cultura galegas. Para rematar, a xornalista ofreceulles unhas pautas para que  aprenderan a detectar     noticias falsas. 
Imagen
  ENTRE ALALÁS E MUIÑEIRAS.  Concerto didáctico.  14 de abril O EDLG ven achegando a música tradicional, ano tras ano, ao noso alumnado.  Este ano tivemos a sorte de contar con Fransy e Davide Salvado que comezaron o seu concerto interpretando unha muiñeira recollida en Ordes. 

COÑECENDO O NOSO PASADO: A PREHISTORIA DA GALIZA. OS INICIOS DA LINGUA

Imagen
 COÑECENDO O NOSO PASADO:  A PREHISTORIA DA GALIZA.  OS INICIOS DA LINGUA  O venres, 10 de abril, Manuel Barbosa contoulle ao noso alumnado de 1º da ESO como naceu o galego e  cales foron os reis da Galiza.