Prensa lingua e noticias falsas. Charla con Beatriz Muñoz
A relatora, Beatriz Muñoz Tejo (xornalista de Eldiario.es) analizou a función que cumpren os medios de comunicación de masas desde dúas perspectivas fundamentais: por unha banda, como ferramenta de control dos gobernos e institucións públicas para previr a corrupción e evitar os abusos da autoridade nunha sociedade democrática e, por outra, e como medio de difusión da lingua e da cultura galegas. Para rematar, a xornalista ofreceulles unhas pautas para que aprenderan a detectar noticias falsas.