Entradas

Mostrando entradas de abril, 2024

CHARLA PATRICIA FERNÁNDEZ

Imagen
 O 9 de abril contamos coa presencia de Patricia Fernández, bióloga que está a investigar como modificar xenéticamente os grelos para aumentar a produtividade  e vencer un fungo que os ataca. Patricia traballou en diferentes proxectos, entre outros, colaborou no proxecto Marte. Actualmente, está a investigar cunha bolsa Ramón y Cajal. Explicou que os e as investigadoras buscan solucións a problemas, neste caso, alimentar a unha poboación mundial que vai en aumento.  Aprendemos moito con ela e dela que sempre debemos buscar solucións a un problema.  

FLORES PARA ROSALÍA

Imagen
 Como todos os anos, non podemos falta á cita con Rosalía. Este ano gravamos este pequeno vídeo no que participou alumnado de primeiro de bacharelato unha nai. Todos eles recitaron un poema de Rosalía. Poemas nos que a natureza está moi presente.  Como é pesado o arquivo, podedes visionalo clicando na ligazón que segue https://fb.watch/rk0uWPewks/