Celebrando Os Maios no IES. O alumnado de 2º ESO B fixo o maio e leu alguns poemas dedicados ao maio. Tamén participaron no acto os profesores Xabier, de historia, e Roberto, de música, para cantarnos o famoso poema de Enríquez Aí vén o maio de flores coberto
Entradas populares de este blog
AÍ VÉN O MAIO DE FLORES CUBERTO...
CHARLA PATRICIA FERNÁNDEZ
O 9 de abril contamos coa presencia de Patricia Fernández, bióloga que está a investigar como modificar xenéticamente os grelos para aumentar a produtividade e vencer un fungo que os ataca. Patricia traballou en diferentes proxectos, entre outros, colaborou no proxecto Marte. Actualmente, está a investigar cunha bolsa Ramón y Cajal. Explicou que os e as investigadoras buscan solucións a problemas, neste caso, alimentar a unha poboación mundial que vai en aumento. Aprendemos moito con ela e dela que sempre debemos buscar solucións a un problema.
A PAISAXE LINGÜÍSTICA DA COMARCA DE ORDES PARTICIPA ENVIANDO UNHA FOTO Que é unha paisaxe lingüística? Estamos rodeados de paisaxes lingüísticas todo o tempo, mas non somos conscientes de iso. De vez en cando, cando camiñamos polas rúas, vemos un rótulo, unha sinal de tráfico, un cartel que anuncia unha festa, un grafito...que nos chama a atención. Iso é unha paisaje lingüística. Imos facer unha exposición mostrando a paisaxe lingüística de Ordes, da comarca ordense. Participa enviando a túa fotografía. Onde a envío? A este correo: normalizaciónordes@gmail.com

Comentarios
Publicar un comentario